Maios de Lavadores 2026
Xa está aquí a 1ª Edición do Concurso de Maios de Lavadores 2026. Un evento para celebrar a tradición, a creatividade e o espírito dos maios galegos. Participa co teu maio e as túas cantigas o vindeiro 16 de maio no adro de Santa Cristina. Inscricións abertas do 22 de marzo ao 9 de maio. Haberá premios á mellor confección e ás mellores cantigas. ¡Anímate a formar parte desta festa única en Lavadores!

Podes ver o formulario, instruccións e bases do concurso no seguinte enlace. Para máis información info@irmandadedefestasdelavadores.com
Data e programa das festas de Lavadores 2025
As festas patronais en honra a Santa Cristina de Lavadores están previstas para o mércores 23 e o xoves 24 de xullo de 2025. Unha cita que durante os dous días contará con “rosquilleiros” e na Cantina da Irmandade, organizadora das celebracións, poderanse degustar diferentes produtos gastronómicos como polbo, churrasco ou bocadillos…
Santa Cristina de Lavadores en Vigo:

